Moitos comercios de Galicia están xa de rebaixas, tentando compensar, en parte, coas vendas de Reis, unha temporada que foi moi frouxa para o sector. Estímase que os galegos imos gastar neste período de ofertas, unha media de 75 euros. // Pecha 2012 con 117 falecidos en accidentes de tráfico nas estradas de Galicia. Seguen sendo moitos, pero son 27 menos que o ano anterior. // Morre unha muller de 48 anos, tres bombeiros resultan feridos por queimaduras febles, e houbo que desaloxar a decenas de familias. Foi o resultado dun incendio que se declarou onte nun edificio en Vigo. // Os Reis Magos tamén falan galego. Un libro vai axudar ás súas maxestades a facer na nosa lingua os seus discursos. // Ismael Santos: O reto solidario de escalar 82 cumios dos Alpes de máis de 4.000 metros. 02/01/13