Primeira imaxe de Marta Ortega, despois de coñecer que será a nova presidenta de Inditex a partir de abril… Esta mañá as accións da compañía subiron un tres por cento, despois de caer en picado onte, ó anunciarse o cambio na cúpula da empresa. // Expertos internacionais debaten nun congreso en Ferrol sobre as posibilidades dos parques eólicos que se constrúen no mar. Para un deles, na Bretaña francesa, o estaleiro de Navantia-Fene constrúe pezas. Imos ver como van as obras. // O Celta superou cómodamente a primeira ronda da Copa do Rei ao vencer por cero a cinco ao Ebro, equipo de Zaragoza da Segunda Federación. Na Coruña o histórico Victoria, de autónomica preferente, perdeu ante o Villarreal. Tamén perdeu o Racing de Ferrol. 01-12-2021