A policía de  investiga a morte dun bebé na habitación dun hotel de Santiago por tratarse dun falecemento sospeitoso. A nena, de seis meses, estaba nun cuarto coa nai. O pai explicou que a parella tivera unha discusión // Controlado dende as once da mañá o incendio de Cualedro, o máis grave, no que vai de verán e que calcinou 3 mil hectáreas, chegando a afectar tamén aos termos de Trasmiras, Xinzo de Limia e Baltar. Agora os concellos afectados tratan de reparar os camiños, tendidos eléctricos e fornecementos danados polas lapas // 50 euros para material escolar. É o que poderán solicitar a partir de mañá as familias con menos recursos. É na primeira vez que o goberno galego ofrece este tipo de axudas que estiman podería ter  uns 60.000 beneficiarios. 01/09/15