O PP galego celebrou hoxe nun acto en Santiago o décimo aniversario da primeira vitoria electoral que o levou á presidencia da Xunta // Políticos e empresarios reclaman alternativas a un dos tramos de autovía máis saturados e con máis accidentes do estado, a A-55 entre Vigo e o Porrriño // Oficios tradicionais e novas tecnoloxías centran a oferta de Edugal, un salón polo que pasaron máis de cinco mil estudantes galegos // Mondoñedo estrea esta tarde a Casa Museo adicada a Álvaro Cunqueiro, na vivenda na que escribiu obras mestras como Merlín e Familia // Derbi galego de baloncesto: O Obradoiro recibe mañá ao Breogán, no multiusos Fontes do Sar, onde se agarda cheo absoluto e un gran ambiente // Oito mil persoas xuntáronse na Praza Maior de Verín para celebrar o Xoves de Comadres. 01/03/19