Alerta meteorolóxica en toda a comunidade. Pero a pior situación vivirase no mar e nas costas. Nas da coruña e Pontevedra haberá alerta laranxa dende esta noite, cando se agardan ventos de cen kilómetros-hora ou incluso máis e ondas de ata nove ou mesmo dez metros // O presidente da Xunta admite a necesidade de regular a maternidade subrogada. Unha práctica ilegal en España pero pola que chegan cada ano uns mil nenos xestados desta forma no estranxeiro // O celta ultimou hoxe os preparativos para o partido de ida das semifinais da copa do rei que xogará mañá, en Balaídos, contra o Alavés. Un encontro para o que poderá contar con Wass, lesionado contra o Real Madrid. 01/02/17