Toda a costa situada fronte á entrada da Ría de Vigo é o escenario da busca dos dous mariñeiros desaparedos na tarde do pasado venrres. Uns labores dificultados pola mala visibilidade e polo mar de fondo que se rexistra na zona, con ondas de entre tres e catro metros. Onde tamén seguen os labores de busca é na localidade coruñesa de Carnota, tratando de localizar ao home de 75 anos do que nada se sabe dende o pasado venres. Un rastrexo que conta mesmo coa colaboracion de drons que observan os montes da zona dende o aire. Preocupación entre o medio cento de socios dunha cooperativa gandeira da zona de Guitiriz , en Lugo, a raíz de que a empresa transformadora á que lle entregan o leite lles anunciara que deixa de recollérllelo dende hoxe e non atoparan ningunha outra que asumira a recollida. (01/02/16)