Close

Grandes lugares

Un docusoap de entretemento, de 50 minutos, que pretende amosar, desde un punto de vista optimista e particular, a historia afectiva e social de dúas poboacións galegas con moito para contar. A través dun percorrido polos seus habitantes, costumes e peculiaridades, o programa presta atención a lugares especiais, ao seu modo de vida, ás súas iniciativas orixinais, aos aspectos menos coñecidos do seu día a día e tamén ás historias máis persoais. Os protagonistas destes pequenos lugares, aldeas ou vilas, s...

País: España
Idioma: Gallego
Contenido: Reportajes
Tema: Viajes
URL: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/grandes-lugares

Episodios disponibles para ver online

Carnés, O Cadramón e Rebordechán - 17/03/2019 23:15
Santa Cruz, Landoi e Salto - 10/03/2019 23:20
Frexulfe, Santa María de Urdilde e A Arnoia - 24/02/2019 23:30
Merlán, Coiro e Bama - 03/03/2019 23:30
Temperán, Ponte Ledesma e O Mundil - 17/02/2019 23:30
Sésamo, Codeso e Mougán - 10/02/2019 23:30
San Xurxo, Oural e Doroña - 03/02/2019 23:30
Cabeiras, Pardiñas e San Breixo - 28/02/2018 23:30
A aldea de Cabeiras pertence ao concello pontevedrés de Arbo e será o primeiro destino desta semana de “Grandes Lugares”. O municipio destaca pola súa gastronomía, o cultivo da vide e por ser o lugar de orixe de viños selectos e tamén de mel excepcional. A continuación, o espazo da TVG visitará Pardiñas, un gran lugar da parroquia de Lagostelle. Situado no concello lucense de Guitiriz, na comarca da Terra Chá, neste territorio coidan da terra e réndenlle homenaxe a aqueles que a traballaron sempre. Por último, o “Grandes Lugares” de hoxe visitará San Breixo, unha parroquia do concello ourensán dos Blancos, na comarca da Limia. San Breixo é un territorio acolledor, de xente emprendedora e creativa, onde non esquecen as súas raíces nin perdoan a partida.
Irixoa, Chaioso e Labacengos - 21/02/2018 23:30
Irixoa, transición entre as comarcas costeiras das Mariñas e a comarca de Ferrol, onde os oficios tradicionais son os protagonistas. Así, os espectadores coñecerán o taller de forxa de Antonio ou os segredos do encaixe de bolillos con David. Chaioso ten a sona de ser o lugar máis divertido de España, así coma o máis terrorífico. Para demostralo o programa percorrerá o “camiño do pánico” creado polos seus veciños. Ademais, os habitantes de Chaioso tamén ensinarán doces e xogos tradicionais. En Labacengos, berce da tradición hípica, están moi orgullosos dos seus cabalos, polo que se mostrará como é o seu adestramento con Darío e Adrián. A tradición vai máis alá do mundo equino, polo que o programa tamén falará con Argentino, creador de cestos e coñecerá a “Pedra de Toelo”.
Santa María de Astariz, Dorra-Senande e San Xulián - 14/02/2018 23:25
A primeira parada do “Grandes Lugares” de hoxe estará no concello ourensán de Castrelo de Miño, concretamente na aldea de Santa María de Astariz, un territorio especial, fluvial e montañoso a partes iguais. Así, os seus veciños viven da terra e do Miño encorado. A continuación, o programa visitará Dorra-Senande, un gran lugar do concello lucense de Antas de Ulla. Nesta terrra a horta e os produtos autóctonos son os protagonistas. A calma diaria de Dorra-Senande soamente se ve interrompida polo son duns palillos.  Por último, “Grandes Lugares” chegará a San Xulián, unha parroquia do concello pontevedrés de Pontecesures. Neste lugar, bañado polo río Ulla, hai un sabor especial a música e a lamprea. 
Beiro, Cerdido e Campos - 07/02/2018 23:30
Santa Baia de Beiro, unha parroquia do concello de Ourense. Esta vila é unha terra de muíños e de pan caseiro en que tamén se visitará un templo románico dos mellores conservados de Galicia.Cerdido, situado na comarca coruñesa de Ortegal, será o seguinte destino do presente programa. Atópase na transición entre as altas serras de Forgoselo e Faladoira e o val de San Sadurniño.Por último, no día de hoxe coñecerase Campos, unha parroquia do concello de Melide. Un lugar coa gastronomía coma sinal de identidade. Esta terra acolledora fai o seu propio queixo, cultiva con xeito e cariño boas cabazas e traballa en sociedade.
Esteiro, O Aparral e Valeixe - 31/01/2018 23:30
A primeira parada é na parroquia de Esteiro, no concello coruñés de Muros. Esta é ribeira de salitre, pero tamén terra de gando. Os exemplares para a degustación da Festa da Cachena críanse nos montes comunais. Pero se por algo ten fama Esteiro é polas súas carrilanas. No Aparral, no concello coruñés das Pontes, coidan do seu patrimonio e das súas tradicións, do seu corpo e da súa mente. Realizan rutas e terapias antiestrés subidos a cabalo. Na parroquia do Aparral todos os veciños teñen hortiña. Os reporteiros acompañarán a Cynthia á súa, que seica é especial. Finalmente, o programa coñecerá na Cañiza a parroquia de Valeixe, terra de muíños e de viño. É unha localidade con moita historia, xa que foi capital do concello e está incluído na Denominación de Orixe Rías Baixas. Proba da súa importancia no pasado son as súas sete capelas e as súas casas señoriais.
Santa Mariña de Lañas, e Couboeira - 24/01/2018 23:45
A primeira parada, Santa Mariña de Lañas, é unha parroquia do concello coruñés de Arteixo. Pouco máis de 200 veciños apaixonados polo monte habitan este gran lugar. Tan sagrado é coller a bici nesta parroquia coma xogar a partida. O dominó é máis que ocio. E entre as habilidades dos veciños destaca unha: son expertos na elaboración de roscón. Couboeira é unha parroquia do concello lucense de Mondoñedo. Este gran lugar está habitado por unha trintena de veciños, son poucos, pero ben levados e moi activos. Comprobarase que coidan dos cultivos de faba con disciplina.
Muíño, A Ínsua e San Sebastián - 17/01/2018 23:30
San Sebastián, o primeiro dos “Grandes Lugares” que esta noite visitará a TVG, pertence ao concello ourensán de Castro Caldelas. Aquí a vida xira arredor dun castelo e da Festa dos Remedios. Ademais, os reporteiros coñecerán o temido Irrio Peliqueiro, a ritmo de folións, e catarán a exquisita bica de Castro Caldelas.  Insua, a segunda parada de hoxe, é unha parroquia do concello pontevedrés de Ponte Caldelas. A súa patroa é Santa Mariña, pola que senten auténtica devoción os veciños deste gran lugar. A música sempre está presente en Insua e haina para todos os gustos e para todas as idades. Este gran lugar é moi importante a nivel internacional grazas aos cabalos, xa que conseguen campións e campioas a nivel nacional. Finalmente, “Grandes Lugares” achegarase a Muíño, unha parroquia do concello coruñés de Zas, un gran lugar que comeza o día amasando e enfornando e que se move ao ritmo dos seus activos e valentes veciños. O equipo do programa coñecerá a Kira e Marco, os cans de Florencio
Baldráns, Amoroce e Samertolameu - 10/01/2018 23:15
O programa visita as aldeas de Baldráns, no concello pontevedrés de Tui; Amoroce, no concello ourensán de Celanova, e Samertolameu, no concello pontevedrés de Moaña. Baldráns é unha parroquia do concello de Tui bañada polo Miño, un territorio verde con abundante patrimonio. A historia deste territorio é extensa, e hai alguén que a coñece moi ben: Antonio, o cronista de Baldráns e tamén o propietario dunha granxa de perdices. Ademais, coñecemos a horta de Alfredo, un auténtico exemplo de amor pola terra. Amoroce é unha aldea do concello ourensán de Celanova, un gran lugar de mámoas e menhires, creativo e orixinal, con veciños auténticos e únicos. Alí, atopamos a Martín, que fai maxia coas estrugas; a Carolina, unha auténtica autoridade virtual, e tamén a Carme, que combina técnicas artesanais e principios científicos para devolver á vida obxectos de interese histórico. Esta é terra de emigrantes, de veciños que, desde o século XIX, se abriron camiño ao longo e ancho dos catro puntos ca
Hospital e Santo Estevo de Oca - 03/01/2018 23:30
A primeira parada será San Salvador do Hospital, unha parroquia do concello lucense de Quiroga. Terra de gandeiros, de lousa, de aceite e de viño. Os viñedos  dominan aquí a paisaxe e os espectadores poderán coñecer os de José e a granxa de porcos de José Luís. A paisaxe do Hospital convida a camiñar, é un espazo protexido e o equipo do programa vai percorrer a zona.  Por último, os reporteiros do programa estarán en Santo Estevo de Oca, unha parroquia do concello pontevedrés da Estrada, un territorio de brañas e lagoas dominado polo río Ulla e un gran lugar de acentuada tradición presidido por un senlleiro pazo e moi vinculado á terra: o pazo de Oca. O equipo coñecerá os caseiros do pazo e comprobarán como preparan os veciños a festividade de Corpus.
Castriz, Cabo de Cruz e Romai - 13/12/2017 23:45
A primeira parada será en San Pedro de Xallas de Castriz, unha parroquia do norte do concello de Santa Comba. Alí, os reporteiros coñecerán a Teresa e as súas creacións téxtiles, irán en bicicleta ata a Fervenza do río Mira e practicarán un deporte tamén popular na vila: o balonmán.  As cámaras do programa tamén se achegarán a Cabo de Cruz, un gran lugar da parroquia de Castro, no concello de Boiro, onde o mar é vida. O presente, o pasado e o futuro dos seus veciños están ligados á marea.  Por último, os reporteiros de “Grandes Lugares” estarán en San Xián de Romai, unha parroquia do concello pontevedrés de Portas, na comarca de Caldas. Os labores do campo ocupan boa parte do día a día e nesta época do ano toca apañar pemento. O equipo do programa probará a bola de ovos e a empanada de millo, os produtos estrela da panadaría de Manolo.
Cans, San Miguel e Meiro - 06/12/2017 23:45
A primeira parada do programa será en San Estevo de Cans, unha parroquia do concello pontevedrés do Porriño, terra de artistas e mundialmente coñecida por un festival único de curtametraxes que toma a aldea cada ano. Pero Cans é moito máis que un festival. A seguinte parada será San Miguel, un gran lugar do concello de Paradela, na comarca lucense de Sarria. Se hai algo que distinga os veciños desta aldea, é o seu xeito de traballar a madeira. Ademais, os reporteiros non marcharán sen probar a súa marmelada.  Por último, o programa estará no concello de Bueu, en Meiro, territorio de castros e asentamentos romanos. Esta vila é terra de millo e muiñeiros, por iso desde moi cedo, arrecende a pan. Ademais, aquí calquera escusa é boa para organizar unha foliada e non hai festa sen filloas.
Armentón, Porto Espasante e Ribadeume - 29/11/2017 23:45
A primeira parada será San Pedro de Armentón, unha parroquia do sur do concello de Arteixo. Terra especialmente prolífera en cogombro. Un fértil bosque de carballos, castiñeiros e salgueiros acompaña auga abaixo o río Sisalde.  Os reporteiros tamén estarán en Porto de Espasante, un gran lugar do concello de Ortigueira, tradicionalmente mariñeiro e coas mellores vistas sobre o cabo Ortegal. As praias da Concha, Santa Cristina e San Antonio son o seu principal atractivo. E, por último, o equipo do programa viaxará ata Ribadeume, unha parroquia do sur do concello das Pontes, un territorio que sempre está pendente da súa riqueza natural. Os reporteiros coñecerán a Carmen, unha experta no control da avespa asiática e probaremos o doce que é símbolo desta parroquia.
Castrelo e Santo Tomé en Cambados, e Sabadelle en Chantada - 22/11/2017 23:45
En Santa Cruz de Castrelo, os viñedos de albariño acaparan a paisaxe. Trátase da parroquia cambadesa de maior produción da denominación de orixe Rías Baixas. O viño manda, pero tamén a pedra. Santa María de Sabadelle é unha parroquia do concello lucense de Chantada, na Ribeira Sacra, bañada polo Miño e os seus afluentes. En Sabadelle as adegas son familiares e o viño mellora de xeración a xeración. A última parada será en Santo Tomé, un gran lugar do concello de Cambados. Aquí todo segue o ritmo das ondas do Atlántico. O mar contrólao todo. Á primeira hora toca apañar ameixa e berberecho. 
O Seixo, Mosteiro e Santo André - 15/11/2017 23:45
O Seixo é un gran lugar da parroquia de Santiago de Franza, no concello coruñés de Mugardos. Para conseguir un campo da festa naceu a súa Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega do Seixo, unha asociación que mobiliza hoxe en día toda a parroquia.  O seguinte destino será Mosteiro, no concello lucense de Pol. Os seus veciños son xente da terra, viven da contorna e saben tamén gozar dela. O río Azúmara baña este territorio de arquitectura popular e de fauna e de flora autóctonas. Finalmente, Santo André de Camporredondo pertence ao concello ourensán de Ribadavia. Neste gran lugar o viño manda, xa que é a zona con máis bodegas do Ribeiro. Son seis os colleiteiros
Santa María de Arcos, Parada e A Magdalena - 01/11/2017 23:30
A Igrexa da Magdalena foi nexo de unión no pasado do que hoxe se coñece como barrio xudeu de Ribadavia. Unha antiga parroquia que convive coa vila dun xeito activo, pero que non perdeu a súa esencia nin o seu contacto coa terra. Un gran lugar con produtos estrela que dan a volta ao mundo. Comprobarase que a industria fúnebre foi potencia neste gran lugar, probaranse uns doces hebreos únicos e coñecerase cal é o truco dos veciños para gañar en saúde e en calidade de vida.   O programa chegará, amais, a Santa María de Arcos, unha parroquia do concello lucense de Chantada, un lugar con pasado nobiliario que aínda conserva restos de grandeza. O pazo da Elfe é un bo testemuño. Un dos símbolos de Arcos foi o balneario de Mouriscados.  Por último, Parada é un gran lugar da parroquia de Santa María de Perdecanai, pertencente ao  concello de Barro. Un gran lugar onde cortan traxes a ollo e tocan de oído.  Alí, os espectadores aprenderán a traballar na forxa, a palillar e a interpretar algún que
San Román e A Condomiña - 29/10/2017 23:15
“Grandes Lugares” viaxa á provincia de Lugo para mostrarnos a parroquia de San Román, no concello do Vicedo, e a aldea da Condomiña, en Baralla. San Román está chea de artistas. Neste gran lugar da Mariña Occidental, o equipo do programa proba empanada e aprende do seu pasado viquingo da man de Juan, un artesán da madeira, a pedra e o lenzo. A paisaxe caracterízase polos cantís e polo vento, que converten este territorio nun lugar idóneo para a práctica do surf. Nesta parte do mundo naceu unha deportista de elite. A ximnasia rítmica ten en San Román un referente nacional. Na comarca dos Ancares, A Condomiña presume dunha espectacular paisaxe de soutos e fragas e, ademais, ten a súa propia pedra de abalar. É unha terra rica que compensa o traballo dos seus veciños con fartura. Aquí a auga aínda move muíños e todo o que se prepara sae da horta da casa, mesmo a cervexa. Coñecemos a Toñín, que conta cunha Condomiña en miniatura na súa casa.   
Toques, San Martiño de Tabeaio e Sumoas - 22/10/2017 23:15
“Grandes Lugares” visita as aldeas de Toques, na comarca de Terra de Melide; San Martiño de Tabeaio, no concello coruñés de Carral, e Sumoas, no concello lucense de Xove.  Toques é un gran lugar da comarca de Terra de Melide. Alí o grao móese con agarimo, os viños xóganse aos chinos e comézase o día na horta. O equipo do programa lévanos aos muíños de Toques; a Casa Alfonso, onde é todo troula, e á casa de Pepe, en que todo é paz e sosego. Ademais, proba a marmelada de Concha, colle un autobús cun destino especial e tamén ten tempo para exercitar o corpo. Non falta a música e o parrafeo. A seguinte parada é San Martiño de Tabeaio, un gran lugar do concello coruñés de Carral, terra de pan. Os cereais que nutrirán posteriormente a fariña destacan na paisaxe deste territorio. “Grandes Lugares” visita unha casa que está chea de tesouros do pasado, move os pés cos seus trouleiros veciños e proba a tradicional empanada desta terra.  A viaxe remata en Sumoas, no concello lucense de Xove.
Partovia, Brocos e Oza - 08/10/2017 23:00
A TVG visita hoxe as aldeas de Partovia, no concello ourensán do Carballiño; Brocos, no concello pontevedrés de Agolada, e Oza, no coruñés de Teo.  Partovia é un gran lugar do concello do Carballiño, unha terra balnearia onde se coce moi bo pan e onde todo o mundo ten horta. Coñecemos os viveiros de Partovia e as ocas de Rosa, que poñen os mellores ovos do lugar. O programa tamén charla con Luís, un coleccionista de primeira e fillo de baldeiro. Partovia é tamén un gran lugar termal, xa que alí se agocha un dos centros turísticos do interior máis importantes de Galicia. O balneario histórico das Caldas de Partovia é unha fonte de saúde e de beleza e ao parecer os romanos xa facían uso destas augas.   San Miguel de Brocos é unha parroquia do concello pontevedrés de Agolada, un gran lugar que non se entende sen o encoro de Portodemouros. Parte da súa historia quedou mergullada baixo unha lagoa que convive cos veciños integrada na contorna. “Grandes Lugares” comproba que Brocos é terra

Otros programas de reportajes >


Otros programas de TVG (Galicia) >