Close

Luz verde

Luz verde aborda todos los aspectos que influyen en la seguridad vial, desde el consumo de alcohol al volante, las drogas, la conducción temeraria, el envejecimiento del parque móvil, los atropellos y la asistencia a los accidentados, entre otros aspectos. Cada programa tiene una duración de 30 minutos y ofrece dramatizaciones de situaciones del tráfico grabadas en las carreteras gallegas para concienciar al espectador sobre la importancia de realizar una conducción segura. Se exponen las consecuencias que conlleva un accidente de tráfico y se plantean, desde una óptica novedosa, las alternativas que tienen los conductores para evitar la tragedia.

País: España
Idioma: Gallego
Contenido: Divulgación
Tema: Salud, Sociedad
URL: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/luz-verde-1

Episodios disponibles para ver online

Condutores profesionais - 12/08/2017 20:30
Os condutores profesionais presentan unha taxa de accidentalidade próxima ao 18% do total dos sinistros. Deben someterse a unha normativa complexa e, en moitas cuestións, máis restrictiva ca a dos condutores normais. Expóñense ao perigo do tráfico polas horas que pasan na estrada e guían vehículos de difícil condución. Cando se ven involucrados nun accidente, as consecuencias adoitan ser fatais. O tenente coronel Francisco Javier Molano explica a problemática que atinxe a este tipo de condutores e a coordinadora en Galicia da DXT, Mª Victoria Gómez Dobarro, expón as particularidades normativas e as cifras de accidentalidade que lle afectan este colectivo de condutores.  Ademais, os gardas Héctor Teixeira, Ángel Rego e Ricardo Araújo fálannos dos axentes especialistas en transportes e de como traballan a pé de estrada para axudar e controlar os condutores profesionais. A voceira da asociación de vítimas Stop Accidentes, Jeanne Picard, comparte co programa a experiencia de perder un se
Velocidade - 29/07/2017 20:30
O exceso de velocidade é unha das principais causas da mortalidade na estrada. O programa presenta a historia dun condutor novel, sen experiencia, que decide coller o coche familiar e se confía, facendo pouco caso dos límites de velocidade. Nas súas mans está a súa propia seguridade e a da súa moza, que viaxa con el no vehículo. Calquera elemento inesperado na vía pode converterse nun obstáculo fatal. Pola contra, a detección desta infracción pola Garda Civil de Tráfico pode poñerlle fin a esa condución arriscada. Dúas alternativas que darán finais moi distintos á vida destes rapaces. A velocidade excesiva ou inadecuada ás condicións da vía é unhas das infraccións máis frecuentes e causa dun número importante de accidentes. De feito, máis de 300 persoas morren ao ano por esta causa nas estradas españolas. Ademais, a velocidade elevada fai tamén que empeoren as consecuencias dun posible accidente, elevando ata nun 20% as posibilidades de sufrir un sinistro mortal só con pisar o acelera
Peóns na calzada - 22/07/2017 20:30
Unha parella de axentes da Garda Civil está a patrullar na estrada cando recibe aviso dun peón atropelado. Trátase dun home maior que se atopa a pouca distancia do seu domicilio, un caso que encaixa perfectamente no perfil de boa parte dos peóns atropelados nas estradas galegas, como verán esta tarde os espectadores de “Luz Verde”. No que vai de 2017 morreron na nosa comunidade 17 persoas por esta causa. Aínda que a cifra descende, é un mal endémico da seguridade viaria en Galicia, ocasionado pola dispersión da poboación e a necesidade de moitas persoas de desprazarse pola beiravía no seu quefacer cotián.O garda civil Héctor Teixeira relata como son os segundos posteriores a recibir unha chamada de accidente, como se enfrontan a unha posible morte, que sensacións experimentan na chegada ao lugar dos feitos e como traballan para descubrir as causas do accidente.O programa conta tamén coa análise do tenente coronel Francisco Javier Molano, responsable da Agrupación de Tráfico da Garda C
Condutores reincidentes - 15/07/2017 20:30
Malia representar un número reducido do total de condutores, os reincidentes constitúen un grave problema para a seguridade viaria. Son aquelas persoas que cometen unha e outra vez as mesmas infraccións, chegando a ser condenados penalmente polo seu comportamento. É o caso do mozo protagonista deste capítulo, quen remata por perder o carné debido a todas as sancións acumuladas. Aínda así, decide coller o coche unha vez máis. As consecuencias serán irreversibles.Evitar a reincidencia no quebrantamento das normas representa un dos grandes retos para mellorar a seguridade nas estradas e niso converxen os esforzos da xustiza, da Agrupación de Tráfico e da propia DXT. A vixilancia dos reincidentes, a imposición de penas e o estudo do ámbito social en que se insiren estes condutores son algunhas das ferramentas que se empregan para combater a reincidencia.O fiscal de Seguridade Viaria en Galicia, Carlos Gil, achega as cifras da reincidencia na nosa comunidade e as accións que se están a dese
Avellentamento do parque móbil - 08/07/2017 20:30
O programa fala do avellentamento que sufriu o parque móbil en España nos últimos anos, motivado en boa medida pola crise, unha tendencia que xoga en contra da seguridade viaria. A media de idade dos vehículos accidentados no último ano superaba os 10 anos, cifra a partir da cal un coche se considera vello. As eivas en seguridade e o pouco axeitado mantemento causan a maioría de problemas relacionados con este tema.Cambiar de coche non está ao alcance de todos os condutores e moitas veces son os máis novos os que conducen vehículos de maior antigüidade. Un pai decide legarlle o seu coche vello á súa filla, aínda inexperta ao volante. Tras facerlle unha posta a punto dálle a sorpresa, non moi do agrado da rapaza. Pero o pai esquece que nun coche vello é aínda máis importante que todos os elementos de seguridade funcionen á perfección. O regalo acaba por ser o peor agasallo que podía recibir a moza.O tenente coronel Francisco Javier Molano e a responsable de tráfico de Galicia, Mª Victor
Maiores ao volante - 01/07/2017 20:30
Un de cada seis condutores galegos ten máis de 65 anos. O rigor nos exames psicoténicos, a limitación de conducir en certas vías ou a complicidade da familia son algún dos aspectos que trata o programa. O tenente coronel Francisco Javier Molano explica o papel da Agrupación de Tráfico para evitar este tipo de sinistros, en que a mortalidade dos implicados é superior á media. O tenente Francisco Javier Dopico e o garda civil Pablo Bouzas achegan a súa experiencia e póñenlle voz a un relato que vai esmiuzando todas as implicacións de ter un censo de condutores con idade elevada, como acontece en Galicia. A coordinadora da Dirección Xeral de Tráfico para Galicia, María Victoria G. Dobarro, e a psicóloga Eva Muíño, engaden os  enfoques normativo e psicolóxico, para entender na súa complexidade unha problemática que se prevé que sexa aínda máis acusada nos próximos anos polo progresivo avellentamento da poboación.
Actuación tras accidente - 24/06/2017 20:30
Condicións meteorolóxicas adversas - 17/06/2017 20:30
Os espectadores verán como se preparan os axentes cando as condicións meteorolóxicas son adversas para a condución e polo tanto, o risco de accidente é maior para moitos condutores, que non están concienciados e fan caso omiso das recomendacións Galicia é unhas das comunidades onde os fenómenos meteorolóxicos teñen especial incidencia na estrada, debido á frecuente choiva e aos puntos onde son habituais o xeo, a néboa ou a neve. 
Dispositivos de seguridade - 10/06/2017 20:45
Os dispositivos de seguridade do vehículo poden resultar determinantes á hora de evitar un accidente ou, en caso de telo, na distinta gravidade das lesións que sufran os ocupantes. Entre os máis destacados están os sistemas de retención, tanto o cinto de seguridade coma o sistema de retención infantil onde deben ir os menores. A seguridade activa, a que contribúe ao manexo do vehículo, e a pasiva, constituída polos elementos que nos protexen despois dun accidente, avanzaron enormemente nos últimos 20 anos. Os coches son hoxe máis seguros, pero precisan tamén do factor humano para que estes dispositivos poidan ser efectivos. No caso dos menores, reducen nun 90% as lesións despois dun accidente, e o uso do cinto no caso dos adultos, reduce á metade a posibilidade de falecer tras unha colisión de calquera tipo. O programa fala coa responsable en Galicia da DXT, Mª Victoria Gómez Dobarro, e o tenente coronel Francisco Javier Molano, que non informan sobre a normativa relacionada cos disp
Ciclistas na calzada - 03/06/2017 20:45
“Luz Verde” incide este sábado nos riscos dos ciclistas na estrada, os usuarios máis vulnerables ante calquera accidente. Coñecemos a historia dun rapaz cunha paixón moi clara, saír na bicicleta co seu grupo de amigos. Con todo, en ocasións, a convivencia entre condutores de vehículos a motor e bicicletas non é a desexada. A historia narra o suceso dun ciclista que queda atrás do grupo e, en cuestión de segundos, un forte estrondo pon en garda os seus amigos, que saen na súa procura. A escena coa que atopan non é fácil de afrontar. Os gardas civís Beatriz González e Pablo Bouzas alértannos dos principais riscos de saír á estrada coa bici e explicannos como debemos comportarnos ao atopar ciclistas cando se conduce o coche. A normativa para adiantar, as recomendacións de seguridade ou a consciencia da fraxilidade do ciclista como usuario da vía, son algúns dos conceptos que xa se van introducindo na cultura viaria. O xefe provincial de Ourense da DXT, David Llorente, facilita os datos
Distraccións ao volante - 27/05/2017 20:30
O programa de seguridade viaria “Luz Verde” ocúpase dos riscos das distraccións ao volante. O espazo, realizado en colaboración coa Garda Civil de Tráfico, recrea situacións habituais na estrada que poden ter consecuencias fatais, como comer ou falar mentres se conduce. Este tipo de infraccións son das máis frecuentes e das que menos conscientes son os condutores, a pesar de que causan máis do 30% dos accidentes mortais na estrada. A psicóloga Eva Muíño explica os motivos destas condutas. A responsable en Galicia da Dirección Xeral de Tráfico, María Victoria Gómez Dobarro, alerta do impacto das distraccións na seguridade viaria, mentres que o tenente coronel Francisco Javier Molano e os axentes Héctor Teixeira, José Manuel Sixto, Juan Carlos R. Bello e Francisco Javier Illán explican como actúa a Agrupación de Tráfico nestes casos.  
Motoristas - 20/05/2017 20:45
O espazo dá voz aos moteiros coa participación de Manuel García, quen forma parte da directiva da Asociación Galega de Motoclubs, e tamén recolle a experiencia dos gardas civís na estrada. O tenente Francisco Javier Molano explica as principais actuacións da Agrupación de Tráfico en relación coas motos e os axentes Héctor Teixeira, Rubén Pereira  e Juan Carlos Rodríguez Bello comentan os perigos que pode ter a condución destes vehículos. Ademais, a responsable da Dirección Xeral de Tráfico en Galicia, María Victoria Gómez Dobarro, achega as cifras da accidentalidade deste colectivo.
Condutores temerarios - 13/05/2017 20:45
“Luz Verde” ponnos ante casos de condución temeraria, frecuentes nas estradas. Amósanos episodios como os piques entre condutores, que inician carreiras sobre o asfalto poñendo en perigo o resto dos usuarios da vía. Os vídeos gravados pola Garda Civil de Tráfico rexistran as infraccións destes condutores que, nos casos máis graves en que causan un dano directo a outros,  se enfrontan a causas penais. O sarxento Manuel Lorenzo, o cabo primeiro José Manuel Sixto e o garda civil Héctor Teixeira comentan algúns dos casos cos que se atopan na estrada no seu día a día, e a maneira en que tratan de poñerlle freo.  O tenente coronel Franscisco Javier Molano e o responsable de Tráfico da provincia de Ourense David Llorente profundan na definición das condutas temerarias e nas consecuencias legais destas infraccións. Pola súa banda, a psicóloga Eva Muíño indaga nas causas destas condutas.
Consumo de drogas - 06/05/2017 20:45
Na súa segunda entrega, o programa sobre seguridade vial “Luz Verde” trata de sensiblizar os condutores sobre os efectos ao volante do consumo de drogas. A condución baixo a acción de estupefacientes é unha das maiores preocupacións na actualidade para a Garda Civil de Tráfico. Dende a introdución dos controis destas sustancias a pé de estrada en 2011, non se acadou aínda unha diminución da porcentaxe de positivos.O programa recrea situacións que os axentes viven a diario nos seus controis, en que detectan consumo de cannabis, metanfatamina, anfetaminas, cocaína e opiáceos. O tenente Francisco Javier Dopico e o cabo primeiro Rubén Pereira contarán moitas das súas experiencias. O responsable da Agrupación en Galicia, o tenente coronel Francisco Javier Molano; o xefe provincial da DXT de Ourense, David Llorente, ou a psicóloga especializada en tráfico, Eva Muíño, completan a descrición dunha problemática que, co alcohol, estivo presente no 30% de accidentes con falecidos no 2015.
Alcohol - 29/04/2017 20:45

Otros programas de divulgación >


Otros programas de TVG (Galicia) >