Visitamos Viena, a cidade máis chea de música e de amor do centro de Europa. Coñecida como a segunda cidade do amor, despois de París, dous dos viaxeiros pasearán polas rúas da cidade lembrando a súa primeira visita, en plena lúa de mel. E, cos demais, o programa coñecerá o palacio de Belvedere ou o Versalles de Viena e ata se animará a botar unha peza a coro. Por suposto, os viaxeiros gozarán da música clásica, e, nos bosques de Viena, baixarán ata as profundidades dunha mina onde se fabricaban avións na Segunda Guerra Mundial.