Imos ata París! Visitámola sen guía nin programa non o fai calquera, pero elas son xente de mundo e non lles importará desprazarse en metro e autobús para percorrer a cidade ata Notre Dame ou a Torre Eiffel. Cun mapa a man e preguntando se fai falta irán ata o Sagrado Corazón ou mesmo á tumba de Napoleón. Evidentemente, hanse perder, e tamén lles vai chover, pero nada se lle pon por diante a estas mulleres e será unha viaxe inesquecible para elas.