“Tesouros no Faiado” ten que devolverlle a vida a unha antiga casa de bonecas que pertenceu a unha familia de Velle, en Ourense. Facendo limpeza no vello pombal da casa, un neto atopou unha impresionante casa de bonecas sobre a que investigou e deduciu que era da súa avoa. O estado do obxecto é deplorable, por iso chamou a Carme Rodríguez, que trata de restaurar ese antigo tesouro e darlle unha sorpresa á súa avoa.  Pero non só nos faiados hai tesouros. A taxadora Ana Castro investiga un cadro supostamente pintado por un dos autores máis prolíficos da historia de Galicia: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Non é unha tarefa doada, xa que hai moitas falsificacións do autor no mercado. Se o cadro é auténtico podería valer miles de euros, xa que se trataría dunha xoia da arte galega.   O anticuario Luís Varela visita un faiado de Cambeo, en Ourense, onde aparecen obxectos moi interesantes, como antigas radios ou mesmo un santo de madeira, que, aínda tendo moita couza, é unha peza cobiza