Close

Tesouros no faiado

Espacio semanal en el que los reporteros recorrerán trasteros y desvanes de toda Galicia de la mano de cazatesoros y anticuarios que buscan objetos valiosos que muchas veces permanecen olvidados en estos lugares. El programa conocerá la historia de "auténticos buscadores de tesoros" en la comunidad gallega que tasan, compran, restauran y conocen el valor y el pasado de ciertos objetos para poder contar la historia de Galicia "pieza a pieza".

País: España
Idioma: Gallego
Contenido: Reportajes
Tema: Historia, Sociedad
URL: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/tesouros-no-faiado

Episodios disponibles para ver online

Programa 13 - 28/10/2017 19:30
“Tesouros no Faiado” permitiunos descubrir as historias dos auténticos buscadores de tesouros en Galicia, que taxan, mercan, restauran e coñecen o valor e o pasado dos obxectos para contar a historia de Galicia peza por peza.Semana a semana, vimos o valor e a transformación de obxectos que deixan de ser un refugallo para cobrar a importancia que merecen. O último capítulo da temporada amósanos as cinco mellores restauracións que realizou o programa.
Programa 12 - 21/10/2017 19:30
Os reloxos son obxectos moi cotizados polo anticuarios, como podemos comprobar neste episodio de "Tesouros no Faiado”. Luís visita a Celestino, un experto reloxeiro con moita man. Ademais, coñecemos máis a fondo a Jacobo e Joserra, pai e fillo aos que acudiu unha vez Luís en busca dun arado. Estes dous eran duros vendendo, como o serán comprando? E un capricho de xuventude de catro rodas cobra vida nun taller en Cee.
Programa 11 - 14/10/2017 19:30
Unhas botellas antigas é o encargo do buscador de tesouros Luís. Onde e para quen serán? A maiores, ten a tarefa de arranxar unha randeeira centenaria. Pola súa parte, Ana Castro visita a Manolo da Pontenova polos seus coñecementos en pezas de marfil. Cal é ese obxecto tan especial que necesita das pescudas da taxadora particular de “Tesouros no Faiado”?
Programa 10 - 07/10/2017 19:30
O programa “Tesouros no Faiado”, que lle amosa ao público o descubrimento, o valor e a transformación de obxectos que deixan de ser un refugallo para cobrar a importancia que merecen, achégase á Fonsagrada, onde coñecemos a Tino, un anticuario que máis que unha colección ten un museo. Ademais, Ana Castro ten a tarefa de taxar unha casa na zona vella de Santiago. E o equipo do programa ve como se restaura unha peza galega tan emblemática como un auténtico futbolín Delgado.
Programa 9 - 30/09/2017 19:15
Eva Iglesias achegarase, nesta ocasión, ata Vilalba e Celanova.A dinámica do concurso “Todo Queda na Casa” baséase nunhas preguntas coas que os residentes na vivenda amosarán o coñecemento que teñen dos seus espazos, obxectos e accións. Pero levará nesta ocasión alguén o premio dos 1.000 euros?
Programa 8 - 23/09/2017 15:45
“Tesouros no Faiado”, o programa das antigüidades da TVG, viaxará nesta nova entrega ata Ourense para vivir en primeira persoa todo o que rodea unha feira de antigüidades. Manolo Piñeiro achegarase a esta cita, en que se xuntan máis de 40.000 obxectos traídos de moitas partes do mundo. Incribles xogos de prata da época isabelina, arte oriental ou as primeiras edicións de “Follas Novas” e “Sempre en Galicia” serán algúns dos obxectos que ao anticuario lle encherán o ollo.  Carme e Manolo viaxarán ata Becerreá para coñecer un dos coleccionistas de antigüidades con máis sona de Lugo: Antonio González “Guillén”. Poderanse ver diversos obxectos de etnografía dos Ancares, unha zona que Guillén ten moi dominada, xa que foi alcalde do municipio lucense de Becerreá durante moitos anos. Pola súa parte, Luís Varela viaxará ata Cerdido. Dionisio, un coñecido agricultor da zona, chamouno para que lle vise as vellas ferramentas de traballo que ten nun alpendre gardadas. Alí, o anticuario dará cunh
Programa 7 - 16/09/2017 15:30
Na edición deste sábado de “Tesouros no Faiado”, que cada semana lles amosa aos espectadores o descubrimento, o valor e a transformación de obxectos que deixan de ser un refugallo para cobrar a importancia que merecen, Luís Varela daralle unha gran sorpresa a Pilar, restaurándolle a bicicleta da súa nenez. Para isto viaxará ata Iñás, no concello de Oleiros, onde Pilar, a herdeira dunha gran casa señorial, quere saber se os obxectos que agocha no que antigamente eran as cortes do gando son valiosos ou non, xa que están nun estado de abandono, porque utilizaron esa parte da casa como almacén durante anos. Alí, Luís atopará unha incrible casa de bonecas, unha bicicleta dos anos 50 ou un xogo de sofás victorianos, pero desta vez non só mercará, senón que tamén tratará de restaurar unha bicicleta que Pilar, a herdeira da casa tiña esquecida nun recuncho da casa. Pola súa parte, Carmen vai visitar a Ana para axudarlle a datar e a poñer prezo a unha talla elixiosa que caeu nas súas mans. A
Programa 6 - 09/09/2017 15:30
Faiados, alpendres, pendellos… Son moitos os lugares onde os galegos fomos relegando vellos obxectos aos que o tempo lles levou a súa utilidade. A misión da ediciónde hoxe de “Tesouros no Faiado” é devolverlle a vida a unha antiga mesa do século XIXque pertenceu a unha saga de avogados do concello lugués de Becerreá. Pola súa parte, Luís Varela viaxará ata Bergantiños para visitar o faiado de Leonor, que quere saber o valor de moitas das cousas que foi acumulando co tempo noseu faiado. Moedas antigas, cómics dos anos 70, traxes rexionais e ata obxectos relixiosos sorprenderán o anticuario, que terá que afinar para dar co valor dos obxectos de Leonor.
Programa 5 - 02/09/2017 15:30
A anticuaria Carme Rodríguez recibe a chamada de Doreta, a herdeira dun impresionante patrimonio entre os que se atopan un piso na zona histórica de Ourense e un pazo do século XVII en Amoeiro. Carmen debe aproximar o valor de moitos dos obxectos antigos que hai no interior e, ao mesmo tempo, pode mercar algúns deles que de seguro lle interesarán para a súa enorme colección. O piso de Ourense é onde Saco y Arce escribiu a primeira gramática galega e conta cunha gran colección de mobles de madeiras nobres talladas por Maximino Magariños, e o pazo de Amoeiro atesoura numerosos obxectos de etnografía galega.  Ana Castro recibe o encargo de taxar unhas cerámicas da dinastía Ming, supostamente procedentes dun naufraxio, e que poderían chegar a valer milleiros de euros se realmente é certa a súa orixe. Ademais, a experta taxadora tamén ten que dar co valor de mercado dunhas pulseiras orientais de xade, un material que se pode chegar a cotizar por riba do ouro. Ao anticuario Luís Varela tóc
Programa 4 - 26/08/2017 15:30
“Tesouros no Faiado” ten que devolverlle a vida a unha antiga casa de bonecas que pertenceu a unha familia de Velle, en Ourense. Facendo limpeza no vello pombal da casa, un neto atopou unha impresionante casa de bonecas sobre a que investigou e deduciu que era da súa avoa. O estado do obxecto é deplorable, por iso chamou a Carme Rodríguez, que trata de restaurar ese antigo tesouro e darlle unha sorpresa á súa avoa.  Pero non só nos faiados hai tesouros. A taxadora Ana Castro investiga un cadro supostamente pintado por un dos autores máis prolíficos da historia de Galicia: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Non é unha tarefa doada, xa que hai moitas falsificacións do autor no mercado. Se o cadro é auténtico podería valer miles de euros, xa que se trataría dunha xoia da arte galega.   O anticuario Luís Varela visita un faiado de Cambeo, en Ourense, onde aparecen obxectos moi interesantes, como antigas radios ou mesmo un santo de madeira, que, aínda tendo moita couza, é unha peza cobiza
Programa 3 - 19/08/2017 15:30
Luis Varela entra nunha casa vella de aldea en Bergondo, onde se entusiasma coa colección de apeiros de labranza que atopa no seu interior. En Compostela, a Taxadora Ana Castro debe desentrañar o misterio que rodea un cadro, coñecido como 'A dama', e determinar se ten valor. En Sarria, a anticuaria Carme Rodríguez axuda a un dentista que anda a procura de material antigo do seu oficio.
Programa 2 - 12/08/2017 15:45
O anticuario Luís Varela ten que restaurar una vella batería que pertenceu a unha estirpe de músicos de orquestra do Bierzo. Ana Castro, a experta taxadora, investiga canto podería chegar a valer un cartel do século XVII, datado en 1666, que anuncia un xubileu plenísimo en Santiago de Compostela.  Ademais, o programa viaxa no tempo á feira modernista de Furelos, en Melide. Durante un día a pequena vila transfórmase nunha aldea de principios do século XX a base de obxectos antigos cedidos polos veciños.
Programa 1 - 05/08/2017 15:30
Os faiados, os rochos e as palleiras agochan tesouros esquecidos que ás veces ata os seus propietarios descoñecen. “Tesouros no Faiado” amósanos o valor e a transformación de obxectos que deixan de ser un refugallo para cobrar a importancia que merecen.  Neste primeiro capítulo, a experta Ana Castro taxa obras de arte e Carme e Manolo amosan as súas habilidades restaurando un carro de vacas. Ademais, o cazatesouros Luís Varela ábrese camiño entre os milleiros de obxectos gardados nun faiado da Coruña.

Otros programas de reportajes >


Otros programas de TVG (Galicia) >