O anticuario Luís Varela ten que restaurar una vella batería que pertenceu a unha estirpe de músicos de orquestra do Bierzo. Ana Castro, a experta taxadora, investiga canto podería chegar a valer un cartel do século XVII, datado en 1666, que anuncia un xubileu plenísimo en Santiago de Compostela.  Ademais, o programa viaxa no tempo á feira modernista de Furelos, en Melide. Durante un día a pequena vila transfórmase nunha aldea de principios do século XX a base de obxectos antigos cedidos polos veciños.