Os reloxos son obxectos moi cotizados polo anticuarios, como podemos comprobar neste episodio de "Tesouros no Faiado”. Luís visita a Celestino, un experto reloxeiro con moita man. Ademais, coñecemos máis a fondo a Jacobo e Joserra, pai e fillo aos que acudiu unha vez Luís en busca dun arado. Estes dous eran duros vendendo, como o serán comprando? E un capricho de xuventude de catro rodas cobra vida nun taller en Cee.