Unhas botellas antigas é o encargo do buscador de tesouros Luís. Onde e para quen serán? A maiores, ten a tarefa de arranxar unha randeeira centenaria. Pola súa parte, Ana Castro visita a Manolo da Pontenova polos seus coñecementos en pezas de marfil. Cal é ese obxecto tan especial que necesita das pescudas da taxadora particular de “Tesouros no Faiado”?