“Sopa de Festa”, a cita gastronómica que teñen semanalmente os espectadores da Televisión de Galicia convídanos á XXVIII Festa dos Callos de Meis, unha celebración que abre a temporada dos eventos gastronómicos na comarca do  Salnés. As cámaras do programa pasaron o día de festa cos cociñeiros e cociñeiras encargadas de preparar os máis de 2.000 quilos de callos que se repartiron, cos organizadores da festa e, como non, cos moitos asistentes que se achegaron para comer unha boa ración de callos e gozar da música que amenizou toda a xornada.