Close

Sopa de festa

Cada programa ofrece un especial monográfico dunha das exaltacións gastronómicas con máis sona da comunidade. Un equipo de reporteiros viaxa ata calquera vila, cidade ou recuncho de Galicia, en que un dos nosos produtos gastronómicos sexa o protagonista da exaltación. Desde a pataca, pasando polo queixo, o marisco, o viño, o pemento ou mesmo o mel será unha boa escusa para que ata alí se acheguen as cámaras de Sopa de Festa. Sopa de Festa preséntase como un programa fresco, divertido e moi dinámico onde a cámara se converte nos ollos do espectador para que goce do espírito e do ambiente de festa da man dos seus veciños, visitantes, organizadores, e como non, dos cociñeiros e hostaleiros do lugar.

País: España
Idioma: Gallego
Contenido: Reportajes
Tema: Viajes, Cocina
URL: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/sopa-de-festa

Episodios disponibles para ver online

Festa do Pan de Cea - 02/07/2018 22:15
O equipo do programa viaxa ata a localidade ourensá de Cea para compartir e homenaxear o seu pan, un dos manxares máis antigos e de máis tradición en Galicia.  Datado do século XIII e amparado pola Indicación Xeográfica Protexida “Pan de Cea”, expórtase a todo o mundo desde os 18 fornos que diariamente cocen este alimento.  A festa continua coa degustación de produtos típicos galegos e cun gran xantar en que este pan “cinco estrelas” preside as mesas, acompañado doutros grandes manxares galegos. 
XXXVIII Festa da pataca de Coristanco - 18/09/2018 23:30
Romaría da Nosa Señora da Franqueira - 12/09/2018 00:15
A Nosa Señora da Fonte, como tamén é coñecida esta virxe, recibe cada ano milleiros de romeiros procedentes de moitos puntos da comunidade.   A súa veneración remóntase ao século VII, momento en que foi atopada a súa imaxe nunha gruta no alto da Paradanta. Esta imaxe é considerada polos historiadores como unha das imaxes marianas máis antigas da nosa comunidade, xunto coa da Virxe da Barca de Muxía e a Virxe das Ermidas do Bolo.
XXX Festa do pan de Neda - 05/09/2018 23:45
Desde hai 30 anos e de xeito ininterrompido, o primeiro domingo de setembro o concello de Neda celebra esta cita gastronómica en non só se pon en valor o produto, senón que tamén intentan dar pulo á tradición e ao traballo da industria panadeira do municipio. Desde o 2013 a Festa do Pan de Neda goza da distinción de Interese Turístico de Galicia e, edición tras edición, recibe a visita de milleiros de persoas.  
Festa do Viño do Condado 2018 - 29/08/2018 00:15
Sopa de festa visita Salvaterra de Miño para gozar da exaltación do seu produto estrela: o viño da zona do Condado de Tea. Esta celebración fai 59 anos en plena forma e é unha das máis importantes dedicadas ao viño das Rías Baixas.28 adegas compoñen a variedade de caldos que se poden degustar nas diferentes casetas da festa.  Antes do inicio da festa grande, “Sopa de Festa” acode ao nomeamento dos novos confrades da Confraría do Viño do Condado de Tea, así coma dos premiados coa categoría de “Viños Deliciosos do Ano”. O programa tamén asiste ao pregón a cargo da xornalista pontevedresa Pilar Cernuda. 
Festa da Ameixa do Carril 2018 - 21/08/2018 23:15
O Carril é unha parroquia do municipio pontevedrés de Vilagarcía de Arousa, coñecida polo cultivo e extracción da ameixa. Desde hai 26 anos, produtores e os mariscadores organizan unha festa de exaltación deste bivalvo, á que se suma Sopa de festa. Desde a zona portuaria do Carril, o programa recolle en vivo a preparación e degustación do produto. Tamén nos conta outros actos que se desenvolveron ao longo da xornada festiva, como foi o nomeamento de cabaleiros e donas da orde da ameixa, entre outras actividades.
LVI Festa do polbo do Carballiño - 14/08/2018 23:15
Se a tradición de comer polbo en Galicia traspasa fronteiras, tamén o fan as polbeiras, un oficio que, de xeito moi curioso, está arraigado na provincia de Ourense e máis no Carballiño. Esta noite, “Sopa de Festa” achegará un programa onde ademais do produto tamén as polbeiras serán as principais protagonistas. Desde hai máis de medio século, o parque do Carballiño acolle esta cita gastronómica, unha das celebracións con máis sona de Galicia, unha gran xuntanza popular de veciños, visitantes, turistas e familias que se reúnen ese día para comer unhas boas racións deste manxar. 
Feira do Bonito de Burela 2018 - 07/08/2018 23:20
O “Sopa de festa” viaxa á Mariña Lucense para visitar Burela e exaltar un dos mellores manxares da zona: o bonito. Trinta e catro anos leva a Asociación Cultural e Recreativa Ledicia organizando esta festa, declarada de Interese Turístico Nacional. Máis de 60 voluntarios dan o mellor de si para preparar os centos de quilos de bonito que se reparten entre os asistentes.
Festa do carneiro ao espeto de Moraña 2018 - 31/07/2018 23:15
“Sopa de Festa” está en Moraña, porque celebra a Festa do carneiro ao espeto. Desde hai case 50 anos o último domingo do mes de xullo, a carballeira de Santa Lucía, de Moraña congrega familias, amigos e visitantes para celebrar a Festa do Carneiro ao Espeto, unha cita gastronómica de gran repercusión en Galicia, declarada de interese turístico e moi peculiar. O equipo do programa fala cos organizadores e colaboradores encargados de asar máis de 100 carneiros para o gran xantar.
Festa do polo á brasa de Barcia - 24/07/2018 15:30
O programa lévanos á Festa do Polo á Brasa da parroquia lalinense de Barcia. Os veciños deste lugar levan 5 anos exaltando este produto, unha celebración que ano tras ano foi gañando en popularidade e agora recibe a visita doutros veciños da contorna.  “Sopa de Festa” acudiu á carballeira de Barcia para compartir mesa e mantel co medio milleiro de persoas que se xuntaron para degustar o menú composto de polo e patacas. 
Festa do Polbo de Mugardos - 17/07/2018 23:20
Se hai un protagonista absoluto na gastronomía de Mugardos ese é o polbo. Antes de compartir a celebración, as cámaras do programa entraron ata a cociña dun establecemento da zona para coñecer o segredo da receita do polbo á mugardesa, un prato moi propio no establecemento do lugar. Ademais, o equipo de “Sopa de Festa” comparte a xornada na degustación popular. Veciños e visitantes gozan dun día único de celebración gastronómica cuns bos pratos de polbo e tamén coa música das charangas. 
XXVIII Festa dos Callos de Meis - 10/07/2018 23:15
“Sopa de Festa”, a cita gastronómica que teñen semanalmente os espectadores da Televisión de Galicia convídanos á XXVIII Festa dos Callos de Meis, unha celebración que abre a temporada dos eventos gastronómicos na comarca do  Salnés. As cámaras do programa pasaron o día de festa cos cociñeiros e cociñeiras encargadas de preparar os máis de 2.000 quilos de callos que se repartiron, cos organizadores da festa e, como non, cos moitos asistentes que se achegaron para comer unha boa ración de callos e gozar da música que amenizou toda a xornada.  
Festa da Carballeira de Baio - 25/06/2018 23:45
“Sopa de Festa” cóntanos o ben que o pasaron os veciños de Baio, no concello de Zas na celebración da súa tradicional romaría na carballeira. Coma todos anos, veciños e visitantes reúnense nesta carballeira para celebrar unha das citas máis esperadas e con máis troula do comezo do verán. Comida, música e boa compaña son os ingredientes esenciais para a celebración desta multitudinaria festa que, como vén sendo habitual, comezará co tradicional pasacalles e misa solemne para dar paso a unha sardiñada de balde acompañada de moita máis comida e bebida que leven os asistentes para pasar un día de gran festa galega. 
Festa do Requeixo de Cotobade - 18/06/2018 22:40
Festa do Marisco do Grove - 10/10/2017 23:30
A Festa do Marisco do Grove é un dos maiores escaparates dos produtos das rías galegas. A vila mariñeira leva celebrando este evento gastronómico desde hai 54 anos. O equipo do programa pasa toda unha xornada cos veciños e veciñas e cos moitos visitantes que acoden para degustar unhas boas nécoras, camaróns, ameixas, percebes ou mexillóns, unha morea de produtos nas súas máis amplas variedades.  Coma sempre, ademais da degustación do produto, as cámaras do programa acompañan os organizadores e cociñeiros da vila que, durante dez días de festa, preocúpanse de que todo esteaprefecto.  Ao longo do programa, podemos comprobar as belezas turísticas da zona.
Festa da Faba de Lourenzá 2017 - 03/10/2017 23:30
“Sopa de Festa” lévanos ata terras lucenses, en concreto ata A Lourenzá. Esta comarca está de cheo en plena recollida do seu legume máis famoso: a faba. Os seus produtores e os habitantes da vila celébrano coa XXVII Festa da Faba, un evento declarado de Interese Turístico de Galicia. Ademais de gozar da celebración, descubrimos as belezas turísticas da zona e coñecemos como se cultiva a faba.  
XIII Festa da Zorza de Ventín - 26/09/2017 23:30
Como non podía ser doutro xeito, o prato principal nesta exaltación gastronómica é o pincho de zorza con patacas, pero tamén se poden degustar empanadas e sobremesas caseiras. Todas as viandas son elaboradas polos propios veciños con ingredientes locais, como comprobarán os reporteiros do programa, instalados no campo da festa de Ventín desde boa mañá.
XXXVII Festa da pataca de Coristanco - 19/09/2017 23:30
Como non podía ser doutro xeito, o equipo do programa achegarase ata este concello, coñecido como “o verxel de Bergantiños”, para gozar do bo ambiente e compartir cos seus veciños a xornada e probar as famosas patacas de Coristanco.  Como o seu nome indica, a pataca será a gran protagonista da xornada, pero esta celebración tamén é unha homenaxe a todos os agricultores da comarca. Por este motivo, as cámaras do programa da TVG acompañarán un dos produtores de patacas da zona para que expliquen o cultivo da famosa pataca de Coristanco.
XV Festa do marisco de Vigo - 12/09/2017 23:30
Co obxectivo de amosar todos estes festexos e, sobre todo, os bos e saborosos produtos que se extraen en Vigo, o equipo de “Sopa de Festa” pasou toda unha xornada cos veciños e cos moitos visitantes que acoden para degustar unhas ameixas á mariñeira, arroz de mariscos, berberechos ao vapor, mexillóns, percebes, lagosta.... 
XXIX Festa do pan de Neda - 05/09/2017 22:30
Desde hai case 30 anos, o concello de Neda celebra o primeiro domingo de setembro esta cita gastronómica enque non só se pon en valor o produto senón que tamén intentan darlle pulo á tradición e o traballo da industria panadeira do municipio. Desde o 2013 esta festa goza da distinción de Interese Turístico de Galicia e edición tras edición recibe a visita de milleiros de persoas.  Outra das tradicións asociadas ao pan de Neda é a Ruta dos Muíños.
XVI Festa do Pemento de Mougán - 29/08/2017 23:00
Antes de asistir a esta festa, as cámaras do programa visitaron un produtor de pementos para coñecer as súas principais características. Un produto único e exclusivo destas terras que goza do distintintivo de Indicación Xeográfica Protexida (IXP) e que cada ano é máis coñecido polos consumidores, que din que unha vez que se proba o seu sabor é inconfundible.  Xa mergullados na parte máis festiva da xornada, os espectadores galegos comprobarán como os veciños de Guntín e a súa contorna se reúnen na carballeira de Meixaboi non só para exaltar o seu produto máis coñecido, senón tamén para compartir unha xornada gastronómica e festeira acompañados de familiares, amigos e visitantes. 
XXV Festa da ameixa de Carril - 22/08/2017 22:30
Carril é unha das máis famosas parroquias do municipio pontevedrés de Vilagarcía de Arousa, coñecida tamén por ser das máis marisqueiras de toda Galicia, gran parte da súa poboación vive do mar e sobre todo do cultivo e da extracción da ameixa.  Por este motivo, desde hai 25 anos, os produtores e os mariscadores da ameixa decidiron que este bivalvo fose o protagonista dunha gran festa. Hoxe, as cámaras do programa amosarán como se cultiva a ameixa, que clases deste bivalvo se dan na zona e, sobre todo, poranlles cara a algúns mariscadores do Carril que se dedican, xeración tras xeración, a este oficio.
XII Feira do viño de Monterrei - 15/08/2017 23:45
O val de Monterrei é terra de viñedos, 15 adegas ofrecerán a variedade de caldos que se poderán degustar nas diferentes casetas da feira. Centos de persoas acoden a esta comarca para deleitar o padal con estes caldos nas súas variedades de godello e mencía.
LXV Festa do Albariño - 08/08/2017 22:30
Ademais do ambiente de festa e sen esquecer os verdadeiros protagonistas da festas: os adegueiros da zona, as cámaras do programa tamén lles achegarán outros actos e actividades que acompañan á celebración, como a cata dos viños do albariño que se presentan a concurso ou o acto de investidura de Cabaleiros e Damas do Albariño, así como tamén as distincións e nomeamento de Xóvenes Albariñenses, Albariñenses de Honra e Follas de Prata. 
Festa do Carneiro ao Espeto de Moraña - 01/08/2017 22:30
A vila de Moraña celebra a Festa do Carneiro ao Espeto. Desde hai 48 anos, o último domingo do mes de xullo a carballeira de Santa Lucía congrega familias, amigos e visitantes para celebrar unha festa declarada de interese turístico.  O equipo de programa segue a preparación dos carneiros para o seu asado e conversa cos organizadores e colaboradores encargados de asar máis de 100 pezas para o gran xantar.

Otros programas de reportajes >


Otros programas de TVG (Galicia) >