Antes de asistir a esta festa, as cámaras do programa visitaron un produtor de pementos para coñecer as súas principais características. Un produto único e exclusivo destas terras que goza do distintintivo de Indicación Xeográfica Protexida (IXP) e que cada ano é máis coñecido polos consumidores, que din que unha vez que se proba o seu sabor é inconfundible.  Xa mergullados na parte máis festiva da xornada, os espectadores galegos comprobarán como os veciños de Guntín e a súa contorna se reúnen na carballeira de Meixaboi non só para exaltar o seu produto máis coñecido, senón tamén para compartir unha xornada gastronómica e festeira acompañados de familiares, amigos e visitantes.