A cita gastronómica é a da XII Festa da Zorza de Fornelos de Montes, un evento que nunca perden os veciños da contorna. A asociación de veciños da parroquia de Ventín son os encargados de levar a cabo esta festa gastronómica, e así vivir de preto xunto a eles os preparativos e coñecer como xurdiu a idea desta celebración. Ademais, ao evento gastronómico tamén se lle une outro como é a concentración de vespas clásicas. Ao longo do día, os visitantes e veciños de Ventín poden ver auténticas xoias de dúas rodas mentres comparten unha boa ración de zorza e outros produtos.