A Nosa Señora da Fonte, como tamén é coñecida esta virxe, recibe cada ano milleiros de romeiros procedentes de moitos puntos da comunidade.   A súa veneración remóntase ao século VII, momento en que foi atopada a súa imaxe nunha gruta no alto da Paradanta. Esta imaxe é considerada polos historiadores como unha das imaxes marianas máis antigas da nosa comunidade, xunto coa da Virxe da Barca de Muxía e a Virxe das Ermidas do Bolo.