Este serán en “Sopa de Festa” os espectadores galegos poderán coñecer  de primeira man o mel da terra. Galicia é un dos principais produtores deste alimento a nivel nacional e conta ademais con Indicación Xeográfica Protexida. Os reporteiros do programa coñecerán as distintas variedades de mel que hai no mercado, así coma as súas propiedades. Na cooperativa Erica Mel, Jesús Asorey e os seus socios prepararán unha cata para explicar as diferenzas entre unhas e outras e falarán dos distintos derivados que se extraen da mel e que cada vez se consomen máis. Doutro lado, tamén verán todo o proceso para a súa extracción e envasado.  Amparo Pardo, unha traballadora do enredo do Abelleiro, será a guía que permitirá que a audiencia coñeza un pouco máis polo miúdo como viven as abellas. E Isidro Pardo contará como naceu a súa paixón polas abellas e a apicultura.  Pero non hai "Sopa de Festa" sen outros protagonistas, a xente da rúa. Nesta ocasión as cámaras do programa preguntaranlle aos galego