Se a tradición de comer polbo en Galicia traspasa fronteiras, tamén o fan as polbeiras, un oficio que, de xeito moi curioso, está arraigado na provincia de Ourense e máis no Carballiño. Esta noite, “Sopa de Festa” achegará un programa onde ademais do produto tamén as polbeiras serán as principais protagonistas. Desde hai máis de medio século, o parque do Carballiño acolle esta cita gastronómica, unha das celebracións con máis sona de Galicia, unha gran xuntanza popular de veciños, visitantes, turistas e familias que se reúnen ese día para comer unhas boas racións deste manxar.