O programa desprázase ata a parroquia de San Miguel de Sarantón, no concello de Vedra, para acompañar aos seus habitantes á Festa do viño da Ulla. As cámaras do programa gravan os comensais do evento gozando da gastronomía da zona e do viño que mana das recoñecidas botas xigantes. Na edición número 37 da festa non falta a animación de varios grupos de música tradicional da zona.