O equipo do programa visita Casa Chus, unha casa de comidas onde a cociñeira María José San Martín utiliza habitualmente queixo de Arzúa para preparar os seus pratos. Cun deles, canelóns de remolacha recheo de espuma de queixo de Arzúa e foie, presentouse o Concurso de Tapas e Petiscos da festa. Ademais, podemos ver todo canto acontece nesta feira, na que os visitantes poden degustar e probar outras variedades de queixo, presenciar diferentes concursos ou asistir a algún obradoiro.