O equipo trasladarase ata as terras lucenses de Guntín para compartir cos veciños desta localidade a exaltación do produto máis característico da zona celebrando a XV Festa do Pemento de Mougán.  Pero antes de asistir a esta festa, as cámaras do programa visitarán un produtor de pementos para coñecer as principais características dun produto único e exclusivo destas terras, que goza do distintivo de Indicación Xeográfica Protexida (IXP) e que cada ano é máis coñecido polos consumidores, que din que, unha vez que se proba, o seu sabor é inconfundible.