A Festa do ourizo de Cervo é unha das que se celebran na Mariña lucense. Para coñecer un pouco máis o ourizo produto, Paula Señarís fala con Ana Mª Meitín, unha mariscadora que explica como se captura e por que é tan importante para a zona da Mariña, xa que a súa demanda vai en aumento ano tras ano. Aprendemos formas de preparar o ourizo con expertos cociñeiros como Iñaqui Bretal, Diego López e Rafa Centeno, que presentan en Cervo as súas propostas gastronómicas.