As cámaras de “Sopa de Festa” trasládanse ata o concello pontevedrés de Mos, para amosarnos todo o acontecido na Festa do Lomedro que se celebra nesta localidade dende hai 19 anos.  Esta festividade, que ten como marco a contorna do Pazo de Mos, está organizada pola Asociación Cultural Santa Eulalia, que é a encargada de repartir os miles de quilos de lomedro entre os asistentes. Ademais da degustación do lomedro, organízanse varias actividades na vila para completar unha fin de semana de xolda e celebración. Entre outras actividades, hai un mercado de artesanía, gastronomía e produtos da terra. Unha charanga, un grupo de baile tradicional e unha banda de gaitas amenizan a festa.   Ademais de seguir a celebración, podemos descubrir os atractivos turísticos da contorna.