“Sopa de Festa” desprázase á XII Festa do “Codillo” na Rúa. Pero antes de probar o lomedro, o equipo do programa entra no centro cultural da vila para acompañar os veciños e conversar con eles sobre a distinguida labor dalgúns dos seus paisanos. Despois, as cámaras de “Sopa de Festa” desprázanse ata o pavillón municipal para que poidan apreciar a cantidade de persoas que asisten a este multitudinario xantar.