Un ano máis, a vila lucense de Taboada celebrou a Festa do Caldo de Ósos, e o programa “Sopa de Festa” quixo acompañar os veciños nesta cita gastronómica que recupera unha receita que tradicionalmente se preparaba no segundo día da matanza. As cámaras do espazo estiveron en todos os escenarios para vivir a xornada festiva ao completo. Primeiro, acompañaron aos pregoeiros, os integrantes de Páramo Pictures, coñecidos polas súas parodias musicais; e, despois, foron testemuñas do traballo dos encargados de repartir as racións de caldo entre os asistentes e mais da degustación nas mesas. Ademais, o programa visitou os establecementos da vila que participaron na festa.