“Sopa de Festa” acode á Peroxa para participar na Festa da Carne. Este concello ourensán é coñecido na zona pola súa tradición gandeira e vinícola. Precisamente por esta vinculación gandeira, hai cinco anos os veciños decidiron recuperar unha antiga romaría da zona, ao máis puro estilo de antes.  Esta tradición, convertida xa nunha cita gastronómica en toda regra, foi o motivo polo que o equipo de “Sopa de Festa” se desprazou ata este concello para compartir con eles esta cita, en que a carne se serve cocida, richada ou empanada. O menú complétase con deliciosas sobremesas.