“Sopa de Festa” cóntanos o ben que o pasaron os veciños de Baio, no concello de Zas na celebración da súa tradicional romaría na carballeira. Coma todos anos, veciños e visitantes reúnense nesta carballeira para celebrar unha das citas máis esperadas e con máis troula do comezo do verán. Comida, música e boa compaña son os ingredientes esenciais para a celebración desta multitudinaria festa que, como vén sendo habitual, comezará co tradicional pasacalles e misa solemne para dar paso a unha sardiñada de balde acompañada de moita máis comida e bebida que leven os asistentes para pasar un día de gran festa galega.