“Sopa de Festa” acode á Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá, dous produtos que combinan gastronomicamente á perfección e que se enxalzan nunha cita que fai vintecinco anos. Desde primeiras horas da mañá, o equipo do programa estivo en Friol para ver como as queixeiras e panadeiros da zona instalaban os seus postos e se preparaban para recibir os milleiros de visitantes que se achegaron durante esa xornada para probar, saborear e mercar algún destes alimentos elaborados de xeito tradicional nas queixarías e panaderías da zona.