“Sopa de Festa” súmase ao ambiente festivo da Feira da Carne ao Caldeiro de Castro, no concello lucense de Carballedo. O programa comparte a xornada con veciños e visitantes que rende homenaxe a un prato típico das feiras mensuais, carne cocida cun rustrido de pemento e aceite. Paula Señarís fala cos membros da Asociación “O Bubaíño”, que se encargaron de preparar os centos de quilos de carne que se serviron ao longo do día. Na degustación popular, a carne ao caldeiro é o prato estrela pero outros pratos típicos da comarca de Chantada como a empanada, a carne richada e o polbo tamén forman parte  de menú.