A orixe dos romances de Ramón María de Valle Inclán teñen, sen dúbida, a súa orixe na terra costeira de Vilanova de Arousa, onde hoxe hai unha importante Confraría con catrocentos cincuenta socios, que traballan o marisqueo a pé e a flote, as artes menores e as bateas. José Manuel Nogueira traballa de mergullador e hoxe vai ao longueirón. Na zona marisqueira imos falar con Dula Piñeiro. Xantaremos ameixas con fabas preparadas pola mariscadora Esperanza Lema no restaurante de Óscar Casaldarnos. A Asociación Folclórica Valle Inclán tráenos as músicas dos seus nenos e nenas. Do futuro das bateas falamos con Marcos Leiro. Imos sentir o pulso peixeiro na praza de abastos con Cari Cardalda. E pensabamos saír ao mar con Javier Rey pero levantouse o vento e falamos con el na súa lancha en porto.