Ribeira, está á vangarda da pesca en Galicia polo volume de capturas que pasan pola súa lonxa e cunha confraría de 399 mariñeiros asociados. Eles traballan en baixura, recursos específicos, arrastre, palangre, cerco, marisqueo e a nasa da nécora. Coa nasa da nécora traballa o matrimonio que forman Julia Noia e mais Antonio López. Os dous veñen de familia mariñeira e desde que casaron traballan xuntos no mar.  Na lonxa consérvase a poxa a viva voz que fai Agustín Serán. En moitas lonxas está xa instalada a poxa electrónica e xa non se emprega o outro estilo, pero na de Ribeira conviven os dous tipos. En principio poderíase pensar que a electrónica é máis cómoda e efectiva, pero Agustín non o pensa así, el cre que a poxa a viva voz fai que a figura do poxador teña un papel máis determinante e isto inflúe para acadar mellores prezos a favor do mariñeiro.  O espazo musical do programa ocúpao a Coral de Ribeira, dirixida por Enrique Paisal. A maioría dos seus compoñentes son traballadore