As xente mariñas de Ribadeo exercen os oficios do mar con verdadeira vocación, como nos descobre “Ribeiras de Salitre”. Trátase dunha confraría con só 39 asociados, pero todos eles comprometidos coas súas responsabilidades na continuidade da actividade mariñeira. O marisqueo e as artes menores son os oficios principais.  En Ribadeo contan cun dos faros máis singulares da Mariña de Lugo, onde residiu Manuel Vázquez, que era fillo do fareiro. Manuel, a quen os amigos coñecen co alcume de Fari, cóntanos como era vivir alí.  Un dos emblemas desta ribeira é a praza de abastos, unha das prazas con máis vida de Galicia, onde destaca a presenza dos peixeiros e peixeiras. Un deles é Moncho Rodríguez, que recibe o equipo do programa no porto mentres segue vendendo peixe.  Outro dos emblemas da vila é o bote característico desta ría, que foi a embarcación máis usada tanto para a pesca coma para o transporte entre Ribadeo e a ribeira de Asturias. A nave segue viva como embarcación de lecer, da