Traballar o mar en Rianxo ven dunha longa tradición, perdéndose a súa orixe moitos séculos atrás. Hoxe seiscentos cincuenta homes e mulleres están asociados a súa confraría, dedicados maioritariamente ao marisqueo a pé e a flote, e tamén artes menores, con especial importancia das artes do xeito e o bou de vara, e Francisco Ramos vainos explicar en que consiste esta arte. Miguel Iglesias é o Patrón Maior, con moitos plans de futuro para a Confraría. No Taberneiro, no porto, agárdannos Jorge López e Ana Saavedra, para cociñar e xantar xuntos. A música mariñeira ven coa maxia das pandeireteiras de Teixedal. Pola memoria deste mar vela Enrique López dende o Museo do Mar de Rianxo. Memoria viva é o eterno mariñeiro Quequé Galbán. E no mar atopámonos coa mariscadora María Tembra, futuro da tradición deste mar.