Visitamos Portonovo, un porto elegante no seu sentir mariñeiro. Na súa confraría están asociados 150 socios, con 45 embarcacións nas que traballan ao cerco, as nasas e as artes de enmalle. Este é un enclave onde se sabe coidar do pasado mariñeiro, como demostrará Alejandro Piñeiro, representante da Asociación da Dorna, que lle vai falar ao equipo do programa do pasado que motivou a creación desta agrupación para traballar na recuperación das embarcacións tradicionais.Tamén lle falará do proxecto de crear un museo flotante, un embarcadoiro onde ter atracados diferentes tipos de naves para seren contempladas polos visitantes. A forza das mulleres de Portonovo está na peixeira que máis sorrí, Piliña Gómez, unha muller nova que leva máis de quince anos no oficio. Filla de mariñeiro e peixeira, ten un posto na praza de abastos da vila e manifesta que o mar forma parte esencial da súa vida e o seu oficio, máis ca un traballo, é un xeito de vivir. A raia é o peixe que representa este port