"Ribeiras de Salitre" ponlle o peche á temporada en Porto do Son, na ría de Muros e Noia, onde os mariñeiros comparten con X.H. Rivadulla Corcón relatos emocionados da súa vida no mar. Agustín Chouza, a bordo do seu barco, explica que non concibe a vida sen saír ao mar. Francisco Vidal foi pioneiro en traballar no golfo de Biscaia, agora lugar habitual para os barcos da ría. Pancho Fajardo lévanos á cociña do barco en que traballa, o seu lugar favorito malia comezar nel en contra da súa vontade. Na lonxa, Rivadulla Corcón conversa con Tomás Fajardo, sobre quen descansa a responsabilidade de representar os intereses do sector como presidente da Federación Galega de Confrarías. Un lugar de visita obrigada en Porto do Son é o Museo Marea, que acolle aparellos e obxectos do traballo cotián nos labores do mar. Está custodiado por Manuel Vázquez, un gran coñecedor e divulgador da cultura mariñeira. A este relato coral sobre a vida no mar súmase a peixeira Manuela Triñanes, unha muller de t