A Confraría de San Cibrao agrupa os portos de Portocelo, Morás e San Cibrao, onde o polbo, o ourizo e os percebes son as capturas predominantes. “Ribeiras de Salitre” visita unha contorna de forte cultura mariñeira.  Desde o porto de Morás saen todos os días ao mar Luísa Otero e Emilio González, un matrimonio mariñeiro que xa formaba parte do oficio antes de casar. Pola súa parte, Ana Maetín, entrañable mariscadora que naceu preto do porto de Portocelo, traballa o percebe e o ourizo. Comezou nesta actividade “por probar” e converteuse en parte esencial da súa vida.  Entre as historias destes mariñeiros, “Ribeiras de Salitre” saca tempo para a música. Asiste a un ensaio do grupo A Rebolaxe, formación de música tradicional galega, que traballa para que non se perda o folclore propio desta ribeira.  O prato que se degusta neste programa é o ourizo, prepararado por Cuca Díaz, unha das organizadoras da Festa do Ourizo que se celebra cada mes de marzo en San Cibrao.  “Ribeiras de Salitre