Visitamos a vila de Marín, que conta cun dos portos de altura que máis destaca en Galicia. Neste enclave tamén se fai pesca de baixura e a súa confraría conta cuns 400 asociados. Neste porto, pertencente ao organismo Portos do Estado, creouse o Centro de Formación Aixola, onde cada ano se forman, entre outros, os carpinteiros de Ribeira. Contaremos con Santiago Cancelas, mestre do centro, e con José Chantada, un dos seus alumnos, que falarán da formación que se imparte no centro coa finalidade de que este oficio continúe sendo próspero. Aproveitando a visita a Marín, achegarémonos ata o porto de Aguete, onde sairán ao mar nunha dorna da Asociación de Pescadores Chirleu acompañados de José Valero e Isidro Guimeráns. Tamén haberá un espazo para a música tradicional e, desta volta, irase buscar ás tabernas do porto, onde os Saljariteiros, un grupo que se dedica aos cantos de taberna, botarán unhas pezas. O polbo da Illa de Ons e os percebes serán os protagonistas da sección gastro