No fértil e bravo mar de Malpica traballan 270 homes e mulleres, entre mariñeiros e mariscadores, dedicados ao percebe, o palangre, o cerco e as artes menores. As mulleres xogan aquí un papel transcendental, como Ángeles Millé, que traballa construíndo os palangres, non só para barcos galegos, senón tamén de toda España e dalgúns países de Europa, e Estrella Rodríguez, que perdeu o seu home e un fillo no mar, ao que lle segue dedicando unha mirada doce. Estrella cociña para o programa unha pescada á romana, pero cun truquiño persoal que a fai deliciosa. “Ribeiras de Salitre” navega no pesqueiro Ronsel Dous, co seu patrón, Adrián Pena, un home novo, pero que xa domina os segredos deste mar. Nas rochas percebeiras, o programa atopa o resoar da poesía co percebeiro Paco Souto, un poeta que incorporou o seu sentir sobre o mar á súa obra. Ademais, os espectadores apreixarán a Malpica máis lírica co poeta mariño Paco de Tano, que ten no mar o centro do seu traballo creativo. Outras protag