Enclave protexido polo inmenso cabo Vilán e o seu faro, onde os 300 mariñeiros asociados á súa confraría traballan a nasa o cerco, o enmalle, o marisqueo a pé e a flote e o percebe.  Nesta zona, o presentador X. H. Rivadulla coñecerá o matrimonio composto por Yaqui Lista e Tono Pasantes, quen saen en parella ao mar. Alí tamén falará con Cristina Fernández, a fareira do Cabo Vilán, unha muller namorada do seu oficio e defensora dos faros debido á súa importancia histórica e actual para a navegación.