Levo salitre nas veas! Frase mariñeira que representa a paixón polo mar e a identificación vital con el. E unha ribeira de salitre onde podemos atopar moitos homes e mulleres con salitre nas veas é o porto de Oza, o porto que dá servizo á actividade pesqueira da cidade da Coruña. Na actualidade, a actividade pesqueira da Coruña concéntrase no porto de Oza, e a confraría da Coruña conta con cento corenta asociados, traballando as nasas, redes, percebe e cerco, capturando maioritariamente polbo, percebe e congro.