O destino é o porto do Vicedo, na Mariña occidental, onde mariñeiros e mariscadoras quían a X.H. Rivadulla nunha viaxe polo territorio e pola memoria. O vello mariñeiro José Pastor, que ten xa oitenta anos, fala dos seus inicios cando todo se facía a man, sen maquinaria, e a roupa se impregnaba de aceite de liñaza para impermeabilizala. Outro veterano, Manolo Rivera, que se acaba de xubilar, conta anécdotas dos seus corenta e cinco anos no mar. As xuntanzas dos mariñeiros tamén seguen levando ata alí a Manolo Carozo, que deixou o mar despois de dedicarse a el durante dez anos. Ademais, as cámaras do programa acompañan na súa saída ao mar a Francisco Berdeal, quen lle dá as últimas leccións ao seu fillo, José Manuel Berdeal, antes de retirarse, e as mariscadoras Marisol Martínez e Isabel Solloso, que teñen unha fonda preocupación por coidar a ría para que a súa actividade sexa sostible. Nesa dirección encamiña tamén o seu traballo Fernanda Martín, capataz do Centro de Explotación Mari