O Porto do Freixo, situado no concello da Serra de Outes, á beira da ría de Muros e Noia, é un enclave de especial sentir mariñeiro. Pertencente á confraría de Noia, na súa lonxa comercialízanse a ameixa e o berberecho, mentres que as súas capturas menores van para as lonxas de Muros e Ribeira. Neste porto traballa Mónica Sánchez, que vén dunha familia de mariscadores e mariscadoras, o que a converte nunha muller que apreza o que significa formar parte desta tradición e sentir un oficio que os antepasados xa exerceron e ao que ela lle pode dar continuidade. Outra tradición deste recuncho do atlántico é o patache, un tipo de embarcación. Joaquín Vieta dedícase á navegación en buques de cabotaxe cos que se adoitaba transportar mercadorías dos enclaves da ría de Muros e Noia ata moitos portos de España e Portugal. Agora, a asociación que leva o seu nome, recuperou estes barcos e úsaos para facer excursións didácticas pola ría. En plena mar, cociña unha caldeirada de bertorella Samuel Pe