Noia é lugar de mariñeiros que saíron a mares afastados, e de mariscadores nunha zona marisqueira de especial produtividade. O porto desta localidade é Testal, onde se comercializa o 80 % do berberecho de Galicia e cuxa confraría, á que pertence tamén o porto do Freixo, ten máis de 1.250 socios.  Á beira da ría, Henrique Rivadulla Corcón inicia a andaina conversando con Santiago Cruz, o patrón maior. Antes ca nada, Santiago é mariscador e, a pesar da responsabilidade que lle trae ser o patrón maior da confraría con máis socios de Galicia, el nunca deixa de exercer o seu oficio. A cultura mariñeira gárdase coma un tesouro no museo que dirixe Félix González, que garda anacos do mar cedidos polas xentes mariñeiras, obxectos do traballo cotián nos barcos e no marisqueo que contan cunha historia propia.  Mariscadora é Chefa González, que afirma con rotundidade amar o seu oficio. Para ela o marisqueo éo todo porque lle permitiu construír unha vida boa para a súa familia e vivir en contacto