Porto cerqueiro, pero tamén de artes menores e percebeiros, o de Malpica de Bergantiños, con 240 socios na Confraría, e cunha lonxa que segue mantendo a súa actividade coa venta maioritaria de percebe, ourizo, polbo, robaliza e rodaballo. As redeiras de Malpica son as que máis traballan o palangre en toda Europa, e disto imos falar con Ángeles Millé. Unha muller do mar, que ama o mar e os oficios do mar é Adelaida Blanco. Paco de Tano preside a Asociación Cultural Caldeirón, é poeta e hoxe vai cociñarnos. A música tráena as gaitas e pandeiretas da Asociación Cultural Malante. Con Emma Abeilla imos lembrar ao poeta e percebeiro Paco Souto. Dun Malpica do que se ten morriña imos falar con Tita Rojo. Pero iniciamos a nosa aventura achegándonos a zona de Barizo, onde traballan as percebeiras Sonia Martinez e Carmen Doldán.