O litoral do porto de Lorbé, no concello de Oleiros, é coñecido pola dureza do mar e a forza do vento. O equipo do programa navega polas augas do golfo Ártabro, a bordo do Maradán, onde o patrón maior, Emilio Méndez, narra a súa experiencia no mar.A confraría de Pescadores desta ribeira de salitre conta con corenta asociados que traballan nas dez embarcacións que amarran no porto para despois de saír ao mar con miños, trasmallos, nasas ou poteiras da lura.  X.H. Ribadulla conversa con Roberto Babío, un mariñeiro que aprendeu o oficio no mar cos vellos de Lorbé. A continuación, o equipo do programa embarca na Balbina, para coñecer como se traballaba na pesca do patexo, que están a recuperar na Asociación de Cltura Mariñeira “Os patexeiros”. As lanchas patexeiras son a embarcación tradicional do porto de Lorbé, pero cada ría galega ten as súas singularidades, case todas elas coñecidas por Pepe Gómez, carpinteiro de ribeira no porto, que conta as diferenzas que existen na construción das