A historia da vila de Foz está moi vinculada ao seu mar. Conta a súa confraría con 50 socios, que traballan o cerco, as artes menores e o marisqueo a pé. Mariñeiro de longa experiencia que leva toda a súa vida de motorista e Suso Rey. Guadalupe Neira e mestre de redeiras e empezou no oficio na época dos aparellos de algodón. Para a cociña Antonina Semedo que veu de Cabo Verde pero xa leva 40 anos na Mariña. Música galega con futuro imos escoitar coa agrupación A Subela. Os vellos lobos de mar en Foz son Ton Rey, patrón de referencia en todo o Cantábrico e Pepe Lestegás que soña todos os días con que vai ao mar. E empezamos nas pedras do mar coa mariscadora Mari Rivera.